Buzón de dudas y respuestas
Acoso escolar
La Comunidad de Madrid prepara una norma por la que profesores y alumnos tendrán la obligación de denunciar casos de acoso escolar. Tengo mis dudas sobre este tema. Los alumnos/as que no den cuenta de episodios de acoso “o que puedan poner en riesgo la integridad física o moral de otros miembros de la comunidad educativa” cuando sea posible hacerlo “sin riesgo propio ni de terceros” incurrirán en falta grave. Pueden quedar sin recreo o incluso expulsión. ¿Debe castigarse este asunto?
Dado que a loita contra o acoso escolar tense que abordar dun xeito integral e desde todas as perspectivas posibles, ao abeiro da Estratexia Galega para a Convivencia, Educonvives, desde a Consellería de Educación temos en marcha un conxunto de medidas que van desde a formación do profesorado (imprescindible que os docentes dispoñan das ferramentas para anticiparse e detectar posibles situacións de acoso) ata o impulso das escolas de nais e pais, a implementación de programas educativos específicos nos centros e protocolos, orientacións e unidades didácticas que redundan en aspectos como a inclusión e a atención a determinados colectivos. De feito Galicia foi a primeira CCAA en contar cun Protocolo para a prevención, detección e intervención en acoso e ciberacoso. Este protocolo -que está a disposición de todos os centros- recolle os pasos a dar ante unha posible situación deste tipo, e tamén as diferentes estratexias de prevención.
- Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
“Enténdese a preocupación das autoridades perante situacións de risco do alumnado como o acoso escolar. Haberá que agardar a ver como queda definitivamente esa norma da Comunidade de Madrid á que fai alusión. En calquera caso haberá que diferenciar o papel e as responsabilidades de profesorado e alumnado respecto a casos de acoso dos que, sendo coñecedores, non dean conta. Os profesores estarían obrigados a facelo en virtude da súa responsabilidade como formadores e tuteladores de menores en proceso de formación. No que atinxe ao alumnado non semella adecuado trasladar procedementos de tipificación de delitos e de sancións propios do ámbito xurídico ao terreo educativo. Semellaría máis adecuado fortalecer as iniciativas no terreo preventivo, no ámbito da educación afectiva e emocional, no respecto aos compañeiros máis que en arbitrar procedementos de sanción por non denunciar. Non cabe esquecer que o alumno é unha persoa en proceso de formación, do que forma parte tamén a súa propia personalidade no que se inclúen os valores propios dunha ética respectuosa dos dereitos da persoa. Nas distintas asignaturas do currículo sería posible e desexable profundizar nas relacións e nas habilidades sociais, na empatía cara ás persoas e na crecente responsabilidade que vai asumindo o alumnado sobre os seus propios actos –e tamén sobre as súas omisións ou inhibicións-.
- José G. Barral Sánchez, orientador educativo
- La Guardia Civil extrema ya la vigilancia en la tapa de la gasolina del coche: podrán sancionarte con 200 euros
- Qué es la hernia de hiato, que afecta sobre todo a los mayores de 50 años y no tiene tratamiento
- Una inspección en una cafetería viguesa por quejas vecinales termina con la incautación de droga a clientes
- Obligan a las dueñas de un piso de Vigo a retirar el jardín con un arce de su terraza por agrietar el edificio
- Más de 200 migrantes residen desde hace seis meses en Mondariz-Balneario: «Nos queremos quedar en Galicia»
- La Guardia Civil ya multa: vigila miles de maleteros de coches para comprobar que lleves este artilugio siempre
- El cocinero gallego con estrella Michelin que ahora toca y canta en la calle Príncipe de Vigo
- Miguel Álvarez: «Acabo de abrir cuatro cabañas con vistas espectaculares a los cañones del Sil»