Buzón de dudas y respuestas

Altas capacidades

Una vez detectadas altas capacidades el pequeño sigue, en este caso, una adaptación curricular que se aplica a toda la clase de modo diferenciado. ¿Qué tipo de seguimiento se realiza del alumnado con altas capacidades?

“Unha vez detectado que un alumno ou alumna ten altas capacidades intelectuais, no informe psicopedagóxico, elaborado polo departamento de orientación, recoméndanse medidas pedagóxicas que dean resposta ás súas necesidades. Entre elas pode figurar, ou non, a elaboración dunha adaptación curricular, é dicir, un currículo personalizado, que se adapta ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións... dese alumno ou alumna. O seguimento sobre a evolución do alumnado forma parte do proceso de avaliación exercido habitualmente pola persoa titora en coordinación co equipo docente. No caso das necesidades específicas de apoio educativo o proceso de seguimento e avaliación implica a intervención do departamento de orientación. Dentro do funcionamento habitual do departamento de orientación, unha vez feita a valoración dun alumno ou alumna, é necesario facer o seguimento da evolución e axuste das medidas propostas no informe psicopedagóxico. O papel da Administración educativa é autorizar e supervisar medidas extraordinarias de atención á diversidade. No protocolo de atención educativa para o alumnado con altas capacidades intelectuais (pendente de publicación) figurará o seguimento do alumnado para o que está deseñado ese documento”. 

- Consellería de Educación

Tracking Pixel Contents