Luís Bará Torres (Vilaboa, 1965), lanza “unha mensaxe de ilusión” aos galegos a falta de menos dun mes para a celebración das eleccións autonómicas. O cabeza de lista do BNG por Pontevedra reclama o voto para o Bloque para poñer fin á “etapa de declive do goberno do PP” coa primeira muller presidenta da Xunta”, un fito “motivador e ilusionante”.