CEEPR Fogar e Clínica San Rafael

CEEPR Fogar e Clínica San Rafael
R. V.
O Colexio de Educación Especial Fogar e Clínica San Rafael pertence a Provincia San Juan de Dios de España da Orde Hospitalaria, unha institución sen ánimo de lucro pertencente a Igrexa Católica e dedicada a atención sanitaria, socio sanitaria, social, docente e investigadora.
O noso colexio está emprazado no barrio de Coia, ten unha superficie de 14.598 m² onde compartimos espazo con outros servizos como Área Residencial, Área Ocupacional e Rehabilitación.
O centro HC San Rafael ten implantado o Sistema de Xestión Integral e está en posesión da certificación en UNE-EN-ISO 9001:2015 e UNE-EN-ISO 14001:2015 (Calidade e Medioambiente), no seu compromiso de asegurase en ofrecer unha eficacia nas actuacións e actividades, cumprir cos requisitos e satisfacer as necesidades de persoas atendidas e familiares.
No colexio somos un conxunto de profesionais estables titores/as de aula, mestra de apoio e persoal complementario como: coidadores, logopedas, psicóloga, fisioterapeutas, traballadora social, enfermeira, mestre de música e mestre de taichí. Todo o equipo contribúe a manter unha liña de innovación pedagóxica e de preocupación pola calidade do ensino. San Rafael ten concertadas 6 unidades de Educación especial. O alumnado é mixto e procede de Centros ordinarios de Primaria, secundaria, e de Educación Especial.
Abarca toda a educación obrigatoria, dende os 6 ata os 21 anos, en xornada continua de 9:00 a 14:00 horas.
Fundamentámonos nunha educación de calidade, o noso obxectivo primordial e proporcionar unha atención integral ó alumnado a nivel emocional, intelectual, afectivo – social e de transición á vida adulta.
Página web:https://sanrafaelvigo.org/
Correo electrónico: cpr.fogar.sanrafael@edu.xunta.gal
Dirección: C/ San Juan de Dios, 1 (Vigo) C.P. 36208
Teléfono: 986 232 740 - 986 297 400
- ¿Qué es la ‘extraña’ enfermedad que está padeciendo media España y afecta al estómago?
- Hospitalizado en estado muy grave un joven que trabajaba en una obra en Sárdoma
- Marineros solicitan desembarcar de un barco en Vigo por «malas condiciones»
- Adiós a un histórico de la hostelería
- Así fue la experiencia de un madrileño probando por primera vez un furancho gallego: «Esto en Madrid no pasa»
- Detectan pequeños consumos de fentanilo en calles de Vigo y Santiago
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- Llega la nueva jornada laboral a España: ¿tendremos 12 días más de vacaciones?