O Rompeolas

A Revolución dos Cravos, en clave teatral

A obra de teatro "A casa das migalhas", onte no Auditorio de Cangas.

A obra de teatro "A casa das migalhas", onte no Auditorio de Cangas. / Gonzalo Núñez 

O Auditorio de Cangas acolleu onte a representación de "A casa das mighallas", promovida polo departamento de Portugués da Escola Oficial de Idiomas. E tamén no contexto do 25 de abril, hoxe haberá en Moaña un espectáculo de música, pintura e teatro no adro da Peregrina, no barrio "portugués" de O Latón, en Meira.

Chamamento ás maiorías para tomar o Goberno de Cangas

De cando en vez xorden campás chamando á insurrección no Concello de Cangas, co pretexto de que o tripartito está en minoría e o PP só precisa un voto para tomar o poder, vía moción de censura. Esa achega viría, claro, de Alternativa dos Veciños (AV), e Victoria Portas diría que si en beneficio dos cidadáns e do seu pobo, como xa fixo de alcaldesa, máis alá de ideoloxías. As redes sociais dan para moito e o falar non ten cancelas, pero a opción resulta tan crible, case, como que Bambi existe.

"As cacas dos teus cans acaban nas miñas mans"

Algo menos celestial e máis mundano é o problema dos amos de cans que non recollen os excrementos na rúa cando os sacan a pasear e defecar. Estes días houbo dúas leccións que deben aplicarse os insensibles: Unha muller en cadeira de rodas esixiu a un veciño limpar as cacas que acababan de pegárselle ao artiluxio, e un policía fixo o mesmo cunha cidadá polo pastel da súa mascota preto do consistorio. A ver se aprendemos!

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents