Luis López: «A irmandade de galegos e madrileños é un vínculo que paga a pena celebrar sempre»

«A vida de Antonio Palacios é a dun xenio nado no Porriño que se foi a Madrid a transformar para sempre o seu perfil», destacou o presidente da Deputación de Pontevedra

Luis López: «A irmandade de galegos e madrileños é un vínculo que paga a pena celebrar sempre»

R. V.

N.A.

O irmandamento entre Galicia e Madrid co gallo do 150 aniversario do nacemento do arquitecto Antonio Palacios contou coa presenza de Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, quen comezou a súa intervención propoñendo un exercicio de «agudeza visual» que proba a estreita relación entre a capital de España e Galicia, entre a «atlántica terra natal» de Palacios e «a súa terra adoptiva da Meseta».

«Viaxen a Madrid —como tantos madrileños viaxan ás Rías Baixas—, detéñanse en Cibeles e observen a fachada do Palacio de Telecomunicación. Repararán entón nun pequeno escudo do Reino de Galicia integrado noutro do Reino de España», propuxo o presidente da Deputación, que incidiu na relación «sólida e duradeira, integrada e harmónica, discreta pero sempre presente» de ambas terras. «Unha irmandade de galegos, pontevedreses e madrileños que é parte dun mesmo todo: españois e europeos, e que paga a pena celebrar sempre».

«A obra máis importante de Palacios non está en ningún plano nin se atopa en ningunha fachada: está na vida dun xenio nado no Porriño hai 150 anos, que marchou a Madrid a transformar para sempre o seu perfil», proseguiu López, destacando que o arquitecto porriñés —articulista habitual das páxinas de FARO— foi recoñecido na capital española pero ademais foi «profeta na súa terra».

A ponte de unión construída por Antonio Palacios entre a periferia e o centro da Península «é hoxe máis importante que nunca dicir que segue moi en pé, nun momento onde algúns queren levantar muros de agravios, división e ruídos», afirmou o presidente da Deputación.

López, cambiando do galego ao español e dirixíndose a José Luis Martínez Almeida e Isabel Díaz Ayuso, alcalde e presidenta de Madrid respectivamente, lembroulles que «los ciudadanos de Madrid siempre tendrán aquí una casa»: «Nos enorgullece que nos elijan para pasar los mejores días de su año, en las Rías Baixas, recorriendo el Camino, emprendiendo un negocio o, sencillamente, comenzando una vida aquí» .

López lembrou asímesmo os pontevedreses que marchan a Madrid, onde «se encuentran siempre con la puerta abierta». «Quien va a Madrid o a Pontevedra siempre tiene algo en común: que vuelven, que repiten».

No discurso do presidente da Deputación tamén houbo espazo para brincadeiras sobre as inevitábeis comparación entre unha terra e outra: «A uno le pide el cuerpo entrar en el juego de dónde se bebe el mejor vino o si el pescado más fresco está en la lonja de la ría o en MercaMadrid. Sin embargo, no voy a entrar ahí, porque tanto la presidenta como el alcalde nos conocen de primera mano y saben la respuesta. Allá ellos si pueden decirla».

López rematou o seu discurso reiterando reiterou que «de Pontevedra hay mucho y bueno que llevarse: recuerdo de Porriño, de Cíes, la enseñanza de Palacios y también ejemplos de servicio público». Puxo de exemplos ao alcalde da localidade, Alejandro Lorenzo, «un ‘galáctico’ del municipalismo gallego», e ao presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, «que nos gestiona con solvencia dentro y nos defiende con firmeza fuera».

TEMAS

  • Antonio Palacios
  • Luis López
  • Diputación de Pontevedra
  • homenajes
  • arquitectura
Tracking Pixel Contents