Tanxugueiras acaban de lanzar un novo tema, 'Pedindo perdón', que xa veñen tocando en directo nalgúns concertos da súa xira. Trátase dunha canción sobre a saída dunha relación tóxica e supón unha chamada a quererse a un mesmo.