O Rompeolas

Presentación de «Os pozos elegantes das clavículas»

Presentación de «Os pozos elegantes das clavículas».  | FDV

Presentación de «Os pozos elegantes das clavículas». | FDV

María Álvarez Landesa presentou onte en Bueu o seu poemario «Os pozos elegantes das clavículas», un libro que foi un dos tres finalistas do Premio Follas Novas 2025. O acto, organizado pola Librería Miranda, reuniu a máis dunha trintena de persoas na sala multiusos do Centro Social do Mar de Bueu, e a autora foi presentada e acompañada pola poeta bueuesa Míriam Ferradáns.

Nin rompe a chover nin acaba de escampar

En poucas épocas do ano se consultan tanto os partes meteorolóxicos como nas vésperas de Semana Santa, por aquelo de facer plans e intentar prever como van saír. O caso é que os homes e as mulleres do tempo non acaban de atinar, e a unha hora poñen soles como a outra saltean pingas ou mesmo lóstregos. Para curarse en saúde, hai quen bota man do «ovo fritido», ese símbolo que ten algo de sol, un pouco de nubes en varias tonalidades e unhas pingueiras salteadas. En resumo, hai un pouco de todo, porque estamos en primavera e esa é a súa mellor definición: o tempo cambiante.

Migrantes para completar as hordas romanas?

Sei dalgúns que non poden nin oír falar de inmigrantes, porque disque nos quitan o traballo e a comida (que me digan un só caso para ilustralo!), e logo buscan desesperadamente entre eles para que lles boten unha man en portar os santos ou completar as hordas de acompañamento. «Son os máis devotos», xustifican, «e cada vez hai menos voluntarios de aquí». Como diría o conto, «por el interés te quiero andrés».

Tracking Pixel Contents