SEI San Narciso » Debuxo

¿Sabías que a frecha amarela non existiu ata o ano 1984?

» Capacidade esquemática e talento artístico, Valeria Rosales crava o Camiño a través dos seus grandes iconos

Valeria Rosales recolle o premio polo debuxo
 ‘O final do Camiño’, vencendor na categoría de 3º
e 4º de EP.

Valeria Rosales recolle o premio polo debuxo
 ‘O final do Camiño’, vencendor na categoría de 3º
e 4º de EP. / Marta G. Brea

Un dos símbolos máis internacionais do Camiño de Santiago é a frecha amarela, pintada a brocha en calzadas, casas, valos ou árbores. Explican na web oficial do Camiño que ten unha orixe recente, pois naceu en 1984 por iniciativa dun sacerdote do Cebreiro, Elías Valiña, considerado un dos máis importantes conservadores e promotores do Camiño de Santiago como ruta de peregrinación e turismo e quen sinalizou deste xeito, desde Francia ata Santiago, todo o Camiño Francés. 

Despois da frecha amarela, outro sinal identificador do Camiño, neste caso xa histórico, é a vieira ou a cuncha, que podemos ver esculpida en multitude de igrexas e monumentos e que, desde ás orixes, foi usada para distinguir aos camiñantes que concluíran a súa peregrinación na chegada á Cidade Santa.  

Tampouco as botas, e por suposto o macuto ou mochila, incansables compañeiros de aventuras dos peregrinos ao longo das rutas xacobeas, poden faltar como elementos icónicos da que foi, e segue sendo sen dúbida, a ruta de peregrinaxe máis antiga, máis concorrida e máis celebrada do vello continente.

Debuxo 'O Final do Camiño'.

Debuxo 'O Final do Camiño'. / Escola en Camiño

Elementos que Valeria Rosales, a nosa protagonista de hoxe, soubo plasmar con tanta sinxeleza como precisión nun debuxo que entusiasmou ao xurado tanto pola súa capacidade esquemática como polo seu talento artístico. 

Unha proposta na que tamén elementos como a conexión coa natureza e o benestar que producen as actividades ao aire libre fanse presentes para trasmitirnos unha imaxe exacta do Camiño de Santiago e do benestar, claridade e orde que a miudo deixa esta experiencia no espiritu dos seus peregrinos. 

Algo que resume ben a capacidade suxestiva e evocadora do título escollido por Valeria: “O final do Camiño”e que ben merece o premio da súa categoría no III Certame de Escola en Camiño. 

Tracking Pixel Contents