Música
O Atlántica Beach Festival volve en Pascua
Será o xoves 17 de abril en Praia América con entrada libre e a presenza de dj’s como Alex Martini, Groove Amigos, Gainza, Samu Pexe, Alex G. e Vicente Stone

Alex Martini pinchará no Atlántica Beach Festival. | // ALEX MARTINI
d.p.
O Concello de Nigrán aposta novamente esta Semana Santa pola música electrónica de calidade ofrecendo a xoves 17 de Abril a partir das 19:00 horas a terceira edición do festival Atlántica Beach Party, en Praia América e de xeito totalmente de balde para o público.
O Concello mantense fiel a esta cita que congrega durante toda a tarde-noite a todo tipo de público, pero que atrae especialmente á mocidade, para bailar e difrutar coa mellor música urbana e electrónica.
Participantes
Está nova edición contará cun dos dj’s urbanos máis recoñecidos do país como é Alex Martini, que estará acompañado no escenario polo galego máis internacional, Groove Amigos, ademais de Gainza, Samu Pexe, Alex G. e Vince Stone; que porán a bailar á mocidade nun escenario tan privilexiado coma o de Praia América.
Pero non só a música será protagonista, tamén o show visual co escenario móbil A Gramola 360º. O seu é un dos shows máis demandados e modernos do país, con pantallas led, son, ou efectos especiais de última xeración.
O evento terá barra e diversas food trucks.
«Somos un Concello que ofrece festivais de música para todo tipo de públicos e gustos, non temos un concepto pechado da cultura. En Nigrán podes asistir a festivais de jazz, música clásica, Reggaeton… A diversidade e a inclusión defínennos en todos os sentidos, tamén no musical», reflexiona o alcalde, Juan González.
- El cocinero gallego con estrella Michelin que ahora toca y canta en la calle Príncipe de Vigo
- «Ya no soy capaz ni de correr 100 metros»
- Localizada en buen estado la mujer viguesa desaparecida el domingo
- Cómo eliminar las várices sin cirugía: Lo que necesitas saber
- Rumbo a Portugal en Semana Santa: 20 planazos desde el Miño hasta el Algarve más allá de Oporto y Lisboa
- La Policía Nacional desenfunda la táser en Redondela ante la actitud sospechosa de un hombre delante de un supermercado
- Pinchazo del primer pleito de la nueva ley: inadmitido por faltar la mediación
- Portugal frena todos los tramos del AVE a Lisboa por irregularidades