Barriga Verde xa repousa en galego
Cambian a lápida de José Silvent e Emerenciana Fernández en Lérez

Público no acto, entre eles, a familia. / Rafa Vázquez
N. D.
José Silvent Martínez naceu en Extremadura en 1886, pero a súa vida lebouno á parroquia de Lérez, onde aprendeu a amar o galego da man da súa muller, Emerenciana Fernández, e finou en 1970. Máis coñecido como Barriga Verde, foi un pionero do espectáculo de monicreques na Galicia de mediados do século XX. Onte, na Casa da Cultura de Lérez foi lembrado nun acto de restauración da memoria lingüística de modo que xa pode repousar en galego.

Actuación de Os Chispas de Lérez. / Rafa Vázquez
Organizado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística coa colaboración da Asociación Cedofeita, o Concello de Pontevedra, a Deputación Provincial e Xunta de Galicia o acto serviu para estrenar a nova lápida en galego na honra de José Sirvent e Emerenciana Fernández.
No cemiterio parroquial popular de Lérez remudouse a lápida en castelán por outra en galego, seguindo a filosofía que inspira a celebración destes actos de restauración da memoria lingüística de homes e mulleres galegofalantes. O epitafio da nova lápida di así: «Aquí xacen na súa paz Emerenciana Fernández Gómez (a súa esposa) e José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde, que levaron o seu espectáculo de monicreques feito en galego pola Galicia do século XX. Honra para eles!». Na porta do cemiterio colocouse tamén unha placa de agradecemento aos devanceiros da parroquia «porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu».
A cerimonia contou coa actuación musical do grupo Os Chispas do Lérez e interviron representes da familia Silvent, asociación organizadora e entidades colaboradoras.
Barriga Verde foi o personaxe principal do teatro de bonecos que José Silvent levou polas festas e romarías galegas, divertindo a nenos e nenas, mozos e mozas e adultos, que acudían ao espectáculo na procura de momentos de evasión. A popularidade deste boneco fixo que seu artífice, José Silvent, tamén fose coñecido por Barriga Verde. Os organizadores lembran que «ao longo de máis de cincuenta anos do século pasado, estes monicreques falaron galego, nun tempo en que a nosa lingua estaba menosprezada e mesmo perseguida, o que lles dá unha relevancia que transcende máis alá da popularidade acadada como espectáculo».
- La cena del rey Juan Carlos con amigos en O Grove: almejas, camarón, pescado a la brasa y salpicón de bogavante
- Muere una octogenaria en Alba en un accidente con un motocultor
- «Música en vena» para animar a los pacientes
- El Teucro sueña con reverdecer laureles
- Un año sin Maite: «Era una madre»
- El Rey Juan Carlos, feliz y relajado de nuevo a bordo del «Bribón» en aguas de Sanxenxo
- PP y sindicatos policiales exigen una nueva Comisaría en la ciudad
- La ciudad resiste como la única en Galicia con menos de 200 pensionistas por mil habitantes