CPI Cova Terreña de Baiona

O centro ofrece educación pública desde os 3 ata os 16 anos: 2ºCiclo de Ed.Infantil, Ed.Primaria e Ed.Secundaria Obrigatoria, nunhas instalacións renovadas.

Instalacións do CPI de Cova Terreña en Baiona

Instalacións do CPI de Cova Terreña en Baiona / Marta G. Brea

O lema do centro este ano é “A lectura é o noso conto” o cal nos levou a potenciar a nova biblioteca do centro, máis accesible, espazosa e acolledora, situada no andar de abaixo do edificio e con acceso directo dende o exterior. Ademais enriquecemos a mesma cun importante investimento en fondos bibliográficos de diferentes temáticas: Igualdade, Inclusión, Ciencias, Tecnoloxía, Matemáticas, Enxeñaría, vocacións científicas… e tamén desenvolvemos actividades de fomento e dinamización da lectura, como os clubs de lectura de alumnado e profesorado coa visita dos autores e autoras seleccionados. A liña docente do centro ten moi presente a necesidade de fornecer o alumnado dos coñecementos necesarios para enfrontar o seu día a día e, nesa liña, desde os distintos departamentos, coa colaboración de organismos como o CSIC, a Universidade de Vigo ou Santiago, impartíronse diversas charlas centradas nas accións cotiás e as súas repercusións, como por exemplo as focadas no consumo enerxético sostible, a tarifación da enerxía eléctrica e como desentrañar os diversos conceptos facturados ou como optimizar o consumo dun fogar, a presenza de plásticos na contorna e o seu impacto na economía, así como a orientación do mercado laboral e profesional cara a súa incorporación.

Do mesmo xeito, preténdese concienciar o alumnado da importancia ecolóxica da reciclaxe, neste caso recollendo refugallos plásticos das praias da contorna para convertelos en material útil e aproveitable para varios dos proxectos do centro.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

A ANPA colabora activamente co centro con formación para as familias, organización de actividades, promoción de concursos para o alumnado e a xestión de servizos complementarios. A Aula Madruga está en funcionamento todos os días de 07:30h a 08:50h e o comedor escolar ofrece os seus servizos de 13:50h a 15:50h. O centro ten unha única liña de autobús para o alumnado procedente de Belesar que cursa ESO.

PROXECTOS NO CENTRO

O centro participa activamente en proxectos de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e doutras entidades coma a Universidade de Vigo.

Contratos-Programa

O centro volve participar no programa de éxito educativo Contratos-Programa para a mellora da calidade educativa dende 3 liñas diferentes de actuación:

● CPInnova, para a potenciación da innovación educativa no centro educativo e a mellora da súa organización e funcionamento.

● CPInclúe, para o fomento da Igualdade, a Inclusión e hábitos saudables na comunidade educativa de xeito transversal, apostando forte pola mediación para a resolución pacífica de conflitos.

● CP Recupéra-T, para o reforzo educativo do alumnado que presenta dificultades.

 Página web: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/

 Dirección: Rúa Dolores Agrelo, s/n, 36300 Baiona, Pontevedra

 Teléfono: 886120001

TEMAS

  • Educación
  • colegios
  • ESO
  • Baiona
Tracking Pixel Contents