San Fernando » Debuxo

Paso a paso, seguimos o Camiño da nosa paixón

» “Sempre que ten a oportunidade, colle papel e lapis e comeza a debuxar”

Os alumnos do Colegio San Fernando co premio na categoría de debuxo.

Os alumnos do Colegio San Fernando co premio na categoría de debuxo. / Marta G. Brea

Vigo

Como nos conta a súa mestra Naira, a Chris encántalle debuxar: “Sempre que ten a oportunidade ou algo de tempo libre, pónse máns á obra”.

Por iso, o proxecto de Escola en Camiño parecía feito a medida para él. Así, Christopher Collque alzouse vencedor do Premio de Debuxo na categoría de Educación Especial coa súa obra “Segue a cuncha”, e levou o galardón con orgullo para todos os seus compañeiros do Colegio San Fernando.

“É un rapaz moi independiente, o único que fixemos en conxunta foi a elección do título, pero o resto foi todo a súa creación”.

E é que con tres cores (azul, vermello e un intenso amarelo) Christopher decidiu darlle o protagonismo a dous dos compoñentes máis importantes do Camiño: por un lado temos a cuncha, que ademais de darlle nome á obra, é principal para chegar ao noso destino, pois os peregrinos a seguen paso a paso en drección a Compostela.

.

. / Escola en Camiño

Polo outro, dúas cruces de Santiago a ambos lados da sinal, que imdican que estamos a piques de conseguir o noso obxectivo.

“No momento que crearon os debuxos, o fixemos como unha actividade conxunta do grupo , da aula ao completo, como un xogo máis” continúa Naira, describindo o que supuxo incluir o proxecto de Escola en Camiño na clase de 4º da ESO do Colegio San Fernando.

A acollida do proxecto foi algo máis libre, dependendo dos intereses de cada alumno, algúns quixeron participar e outros non, pero quen o fixo foi de forma voluntaria e con moitas ganas.

Ese é o caso do galardonado Christopher, que desfrutou cada segundo da realización do proxecto e que, seguro, está encantado de recibir este premio e poder compartilo con todos os seus compañeiros.

Parabéns, Chris! Queda seguir a cuncha para chegar ao noso destino durante a excursión a Santiago de Compostela! E sobre todo, compartila co resto de compañeiros da clase.

TEMAS

  • San Fernando
  • Compostela
  • educación especial
  • Iso
  • ESO
Tracking Pixel Contents