Entrevista | Marcos Puente Vázquez Deseñador gráfico
«Quería rendirlle tributo ás mulleres do rural»
«Coñezo o traballo de Coto Manguelo para revivir o rural e o agarimo que lle poñen, fíxome moita ilusión que contasen conmigo»

O deseñador do cartaz, Marcos Puente.
Marcos Puente Vázquez é o mozo estradense de 23 anos que asina o deseño do cartel da nova edición do Manguelo Folk. Graduado en Deseño Gráfico pola Escola Pablo Picasso de A Coruña, e actualmente traballando no sector da publicidade, este é o primeiro traballo destas características que leva a cabo. Nas seguintes liñas fala un pouco máis sobre a orixinal imaxe, e o que significou para el formar parte do proxecto.
Cónteme, como acabou realizando a ilustración deste cartel?
Pois puxéronse en contacto conmigo dende a directiva, que son coñecidos do pobo e meus, e aceptei sen pensalo. De feito, fíxome moita ilusión que pensaran en min, porque sigo de preto o seu traballo coa Asociación Cultural Cotomanguelo, e penso que esa labor de dinamizar e revivir o rural é admirable. Ademais sei que lle poñen moito agarimo, dedicación e cariño ao que fan, polo que me sentín agradecido de que contasen conmigo e confiasen en min para para facer este tipo de traballos.
Fáleme agora do proceso creativo. Tiña algunha inspiración á hora de crear o deseño?
En primeiro lugar, dende a organización déuseme total liberdade, o cal sempre se agradece. Quería que fixese referencia, dalgún xeito, a esa labora de revitalización e protección do rural que leva a cabo a asociación. Pensei entón nas figuras que para min mellor exemplifican esa conservación e transmisión da cultura, que son as mulleres. As mulleres do rural son as que fixeron posible que chegase a nós moitas músicas e historias da tradición oral. Por iso a protagonista deste cartaz é unha señora con típico mandil, facéndolle tributo a elas, que non só coa súa voz senón tamén con outros elementos como as cuchas ou as botellas de anís, fixeron valer toda esa tradición.

A ilustración. / Cedida
A nivel gráfico o estilo é chamativo, tiña tamén algún referente neste campo?
Así é, parecíame interesante mesturar toda esa tradición con outros estilos, como pode ser o de Xosé Vizoso, a quen se lle dedica este ano o Día da Ilustración Galega. E como resultado, temos o que se pode ver no cartel.
Este era o seu primeiro proxecto deste tipo. Que tal a experiencia?
Así é. Eu son diseñador gráfico, polo que traballo máis en webs, temas publicitarios e de márketing. Non me considero un artista, polo que supoñía un reto para min crear algo deste estilo. Con todo, o feito de ter liberdade creativa absoluta e de que realmente me sinto inspirado polo traballo da asociación Coto Manguelo, quedei moi contento de ter aceptado. Foi unha experiencia moi positiva.
Para rematar, mencionaba antes que o coñecer o traballo de Coto Manguelo fixo que aceptar o proxecto e levalo a cabo fose máis sinxelo. Considera que é importante que existan iniciativas como esta?
Dende logo. Realmente penso que ver como un grupo de xente nova, de xeito desinteresado se anima a devolverlle a vida ao rural e facer pobo, ten un valor incalculable. Por iso animo á xente a que se achegue ao Manguelo Folk, a apoialos e desfrutar do evento.
Suscríbete para seguir leyendo
- El trago de agua que casi acaba con la vida de Pablo González: «En segundos noté que me quemaba vivo por dentro»
- Una camarera tras probar de la botella que abrasó al empresario Pablo González: «Esto no es agua»
- Este es para muchos el restaurante «más bonito» de Galicia: un molino reformado con una mágica terraza junto al río
- El cirujano Diego González Rivas sorprende a Alba Carrillo con este menú gallego: «Debería ser patrimonio de la Humanidad»
- El PP gallego ataca a Luis Zahera por su oposición a la planta de Altri
- Si sufres de estas enfermedades mentales tienes derecho a una pensión por incapacidad permanente
- Belleza perruna: estas son las 10 razas de perro más bonitas que existen
- Xurxo Mariño, neurocientífico: 'No podemos curar el alzhéimer ni el párkinson porque no conocemos con detalle su génesis