De pequena quería ser correspondente de guerra, pero cambiou o xornalismo pola política e o 18F aspira a converterse na primeira muller presidenta da Xunta e na primeira nacionalista á fronte do Goberno galego. Paseando pola praia de Samil en Vigo, esta lucense de Sarria déixanos que a coñezamos un pouco máis.
