Leva só unhas semanas en política, pero non o parece cando defende as súas ideas, moi vinculadas ao seu pasado sindicalista: foi coordinador de Comisións Obreiras en Galicia. Ramón Sarmiento (Sabarís, Baiona, 1973), cabeza de lista de Sumar por Pontevedra para as eleccións galegas do 18 de febreiro, pon en valor a importancia de apostar pola súa formación para a defensa das políticas públicas e a dinamización do territorio fronte á “parálise” da Xunta gobernada polo PP.
