Actividades nos colexios

Comer rico e san nunca foi tan divertido!

Os cadernos de actividades sobre hábitos de vida saudable e alimentación de Vegalsa-Eroski volven un curso máis ás aula

Os cadernos de clase de Vegalsa Eroski.

Os cadernos de clase de Vegalsa Eroski. / FdV

Unha boa alimentación e un estilo de vida activo son os dous piares fundamentais para estar sans e fortes. Isto, aínda que pareza unha obviedade, podese esquecer co ritmo frenético do noso día a día e por iso é moi importante a educación e a concienciación sobre os hábitos saudables dende unha idade temprana. 

Nesa liña, o grupo de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski reparte un ano nos centros escolares adheridos ao proxecto Faro da Escola máis de 4.000 exemplares do caderno «Come rico, vive san», un compendio de información presentada de forma moi amena e didáctica para ensinar aos cativos en que consiste unha boa alimentación (e por que deberían prestarlle importancia). 

Moitas preguntas e exercicios

O caderno, que está pensado para o alumnado de 3º a 6º de Primaria, conta con máis dunha decena de páxinas repletas de exercicios e cuestionarios para reflexionar sobre o tema. E é que, como se explica xa ao comezo deste libriño, «Somos o que comemos», xa que «a nosa saúde e o estado físico no que nos atopamos están intimamente relacionados cos nosos hábitos alimentarios».

Os nenos e nenas descubrirán con «Come rico, vive san» cales son os grupos nos que se califican os alimentos, as recomendacións do prato de Harvard, os beneficios da dieta mediterránea (que é coñecida como a máis sá do mundo), en que consiste o etiquetado nutricional e moitas cousas máis, sempre a través de actividades sinxelas e entretidas.

Por exemplo, nas dúas primeiras páxinas do caderno a cativada atopa un cuestionario sobre os seus hábitos alimenticios. «Cantas comidas realizas ao día?», «Lembras o que comiches onte?» ou «Dinos que pratos levaría na túa opinión un menú saludable» son algunha das cuestións que se plantexan. 

Loita contra a obesidade infantil

Sen dúbida, estas preguntasdarán para moito nas aulas e permitirán abrir un espazo de debate e reflexión grupal sobre os nosos modos de vida e a nosa relación coa comida. Ese é un dos obxectivos deste proxecto de VegalsaEroski, ademais da súa misión principal: promover a loita contra a obesidade infantil.

Segundo un estudo da Sociedade Española de Cardioloxía (SEC) Galicia era, xunto a Andalucía, a comunidade autónoma coa tasa de obesidade máis alta de España no ano 2021. Accións coma os cadernos «Come rico, vive san» levan anos poñendo este problema no centro.

Tracking Pixel Contents