O meu nome é Mari Sol Hernández e actualmente vivo en Vigo, pero son dunha vila costeira da rexión de Murcia. Cando era pequena, gustábame moitísimo deixar voar a miña imaxinación, idear historias irreais e debuxalas. Nas vacacións sempre nos xuntabamos con outra familia e iamos a súa casa pasar o verán; cando tocaba tarde de praia, eu collía as gafas de mergullar e pasaba as horas baixo a auga observando calquera animaliño, alga ou planta que houbera. Mesmo me gustaba ver como se movía a area, que facía cando eu a movía ou como era o movemento das ondas. Eses momentos nos que estaba na auga e creaba películas e historias coa fauna mariña que vía foron especiais para min. Cando fun medrando, a miña curiosidade pola vida no mar tamén foi aumentando. A miña vila está na coñecida lagoa do Mar Menor, onde sempre oíra que había contaminación pola agricultura e a minería da zona. De pequena, sempre escoitaba nas noticias o mal que estaba ese mar e o pouco que se queixaba o turismo, lembro que miña nai non me deixaba bañarme aí e eu non entendía a problemática que existía. A raíz disto, decidín adicarme á investigación e, en concreto, á contaminación mariña. Actualmente estou realizando experimentos cunha microalga que, por se non o sabedes, é un microorganismo moi pequeniño que vive e se move no mar e que se ten que ver cun microscopio. O que fago é expoñela a diferentes metais como o cobre ou o ferro e ver que é o que fan. Todo o tempo teño que ir vendo como actúan; é moi entretido pensar e razoar o por que dos resultados Si, gústame o meu traballo porque é bastante entretido e nunca teño dous días iguais, sempre é moi variable e todos os días aprendo algo novo. Non, só investigo con esa microalga. Poderíamos usar outra, pero de momento cinguímonos a esta polas súas características. A miña parte favorita é a planificación. Aínda que require dedicar varios días á preparación, xa que implica lavar, secar e etiquetar todo o material necesario, así como realizar os cálculos para preparar as disolucións dos experimentos, gozo moito desta fase. É unha parte do traballo que demanda varias horas, pero resúltame especialmente gratificante porque senta as bases para que o experimento se desenvolva de maneira ordenada e eficiente. Esta microalga coa que traballo obtívose durante unha mostraxe realizada en 1985 na ría de Vigo. Coas mostras de auga que se obtiveron, foi extraída e fíxose medrar nun cultivo de maior tamaño para mantela. Podería organizarse o desenvolvemento dos experimentos en varias etapas: - Planificación e preparación. Antes de iniciar o experimento, é necesario realizar os cálculos para a preparación das disolucións que se utilizaránnos tratamentos das microalgas. Tamén se debe etiquetar todo o material experimental de xeito claro e preciso para evitar confusións durante a execución do experimento. Aínda que esta tarefa poida parecer sinxela, é crucial para garantir a correcta realización do estudo. Esta fase lévame aproximadamente un día. Execución do experimento. Ao día seguinte de preparar as disolucións, realizo o experimento, o que implica concentrar as microalgas mediante centrifugación e expoñelas aos diferentes tratamentos. Esta fase dura todo o día e leva consigo varias horas de traballo continuo. Análise dos resultados. A análise dos datos obtidos do experimento adoita ser a parte máis sinxela, sempre e cando o equipo utilizado para medir a concentración de metais nas microalgas funcione correctamente. Esta fase ocúpame aproximadamente dous días. Obtención de resultados e conclusións. Finalmente, a interpretación dos resultados e a elaboración de conclusión é a fase máis esixente, xa que implica unha análise detallada e coidadosa dos datos. Dependendo da complexidade do experimento e doutras tarefas adicionais, esta etapa pode durar ata tres días. Sinceramente creo que non, que acabaría noutra rama da ciencia totalmente diferente a Ciencias do Mar.