Un mar de piques enche Camariñas
A XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña celebrarase entre o mércores 16 e o domingo 20 de abril

Gañadores do concurso de Noveis Deseñadores de 2024. / Cedida
Camariñas materializa un ano máis a forte conexión que existe na vila entre o mar e o encaixe e a natureza e a tradición, a través da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.
Baixo o lema «Un mar de piques», o evento terá lugar entre o mércores 16 de abril e o domingo 20, en plena Semana Santa, e non faltarán altas doses de moda, actuacións musicais e humorísticas, presentacións de libros e ata degustacións ‘gourmet’.
Unha das principais novidades deste ano será a incorporación dunha nova categoría ós desfiles, ‘Firmas Emerxentes’. Poderá verse por primeira vez o xoves, 17 de abril, e repetirá o venres, 18 de abril, e o sábado, 19 de abril.
O encaixe sae a desfilar
A XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña inaugurarase o mércores 16 de abril ás 15:00 horas, momento no que se iniciará o tradicional encontro de encaixeiras e encaixeiros da Costa da Morte no que tamén participará o alumnado das escolas infantís municipais.
O acto de inauguración coas autoridades será ás 16:30 horas. Logo, a partir das 18 horas, comezarán os primeiros desfiles: ‘PequEncaixe’ e ‘Grandes Deseñadores’. Entre medias, actuará o dúo vigués Fillas de Cassandra.
O desfile de ‘ArtEncaixe’, que sigue afianzándose na programación, estrearase o xoves ás 12:45 horas. Ese mesmo día tamén debutarán as persoas participantes no XXXI Concurso de Noveis Deseñadores, no que se repartirán un total de 4.500 euros en premios e participarán un total de 41 mozas e mozos.
O venres 18 ás 20:30 horas celebrarase o encontro entre grandes e noveis deseñadores e o domingo 20, a partir das 17:00, horas darase a coñecer o fallo do xurado.
Ademais, outro ano máis volverán á Mostra as delegacións internacionais. O venres 18 ás 12:45 horas terá lugar o primeiro desfile das ‘Delegacións de encaixeiras internacionais’, que repetirán o sábado ás 18:00 horas.
Finalmente, o domingo 20 ás 19:30 horas desenvolverase un dos actos máis agardados, o desfile de ‘Encaixeiras Senior de Camariñas’, no que veciñas e veciños do municipio amosan ao público as creacións que fixeron durante todo o ano.
Programación completa
Pero a Mostra non é só moda. Ademais de Fillas de Cassandra, subiranse ao escenario a soprano Soledad Vidal e Aurelio Viribay (o xoves 17 ás 20:15 horas); Rocío Caamaño (venres 18 ás 16:45 horas) ou Budiño , que clausurará o evento o domingo ás 19:30 horas.
Por outra banda, David Amor fará rir a esgalla ao público o sábado, co seu monólogo ‘Love está en el aire’, ás 20:30 horas na propia pasarela.
Durante os cinco días escoitarase nos pavillóns da Mostra, mesturado co son dos palillos, o folclore de diversas agrupacións musicais, así como sendas presentacións de libros e publicacións. Tamén repetirá este ano o espazo gastronómico ‘Gourmet entre encaixes’, ubicado xunto ao bar da Mostra e no que se poderán instalar postos de venta ao público.O evento completarase con demostracións artesanais e cun parque infantil vixiado, para que as familias gocen ao máximo.
- «Está demostrado científicamente que tener un perro aumenta los niveles de oxitocina, la hormona de la felicidad»
- La Guardia Civil ya multa: vigila miles de maleteros de coches para comprobar que lleves este artilugio siempre
- En una analítica, ¿qué significa tener los triglicéridos altos? ¿Qué hacer para bajarlos?
- Dos vigilantes de seguridad reaniman a un mujer que se desplomó inconsciente en Vialia Vigo: «Le salvaron la vida»
- La Guardia Civil extrema ya la vigilancia en la tapa de la gasolina del coche: podrán sancionarte con 200 euros
- Cazan' a un camionero a 168 km/h en el corredor Brión-Noia y lo detienen por estar en busca y captura
- Ya ni nos queda Portugal
- Cinco familias demandarán a un colegio cangués por trato «humillante» a sus hijos