«O que máis me gusta é que a música sexa orgánica e natural»

O músico Abraham Cupeiro, coñecido por incorporar sons e instrumentos do pasado á música contemporánea, ofreceu onte un concerto no Teatro Principal de A Estrada. Nunha conversa con FARO fala máis en profundidade sobre a súa visión e proxecto, un que radica en construir pontes entre culturas.

Concierto de Abraham Cupeiro en A Estrada

Concierto de Abraham Cupeiro en A Estrada

A Estrada

Abraham Cupeiro é un músico galego que, entre moitas outras cousas, se dedica a rescatar instrumentos antigos e esquecidos, integrándoos en contextos musicais contemporáneos, como a orquesta sinfónica. A súa paixó levouno a recorrer o mundo na busca de sons perdidos e a construir pontes entre o pasado e o presente. Con motivo da súa actuación onte no Teatro Principal de A Estrada, falamos con el sobre a súa visión musical.

A súa música combina instrumentos antigos con sonorirades modernas. Como naceu esa inquietude por rescatar sons do pasado?

Eu nacín en Sarria, onde aprendín música nunha banda e nun grupo tradicional, entón o academicismo e o tradicional sempre foron da man. Pouco a pouco funme interesando por outro tipo de músicas e ata o día de hoxe, mesturando sons do pasado con outros máis modernos.

Vostede toca instrumentos tan pouco comúns como o karnyx celta. Cal foi o que máis se lle resistiu á hora de aprender a tocalos?

Pois diría que foi o último que probei, o aulós grego, que se empregaba nas olimpiadas e que é moi complicado. Vese moito na iconografía grega e quería levalo ao escenario con moitas garantías para rendirlles homenaxe a quenes o tocaban. Construino eu mesmo, a partir dun exemplar que hai no museo do Louvre.

Cal é o proceso que adoita seguir para incorporar todos estes instrumentos ás composicións contemporáneas?

Primeiro avalío as posibilidades que ten ese instrumento e despois, grazas á miña traxectoria como músico clásico, podo identificar onde a orquesta pode dar unha atmósfera ou outro e a partir de aí e cando comezo a mesturar.

Hai algunha peza ou compositor no que se adoite inspirar para realizar esta clase de combinacións?

Traballei moito facendo música contemporánea en Madrid, e xa de pequeno na Banda tocabamos música de todos os estilos. Así que teño compositores que sempre están na miña mesilla, como John Williams ou Ennio Morricone ou James Horner, que me inspiran á hora de escribir música.

Diría que estes instrumentos teñen unha capacidade de conectar coa audiencia a través do son diferente á dos actuais?

Dende logo. Os intrumentos actuais e a música que se pon en valor dende os medios de comunicación é moi superflua, entra pola vista, mentres que estes entran dende dentro, fan resorte e fan que as persoas que escoitan fagan unha viaxe sonora dende o seu interior e non simplemente dende o visual.

Os seus concertos a miudo teñen un carácter didáctico. Considera que ten unha misión educativa que realizar a través da súa música?

Poderíase dicir que si. O que máis me gusta é subirme ao escenario e que sexa o máis natural posible, poder falar coa xente e recuperar ese diálogo que se creaba antes arredor das fogueiras, por exemplo. Pero en última instancia, o prioritario para min é volver á música orgánica, natural, que chegue á xente non como algo tan edulcorado como o que pode ser o que escoitamos nun macrofestival, onde o 90% dos músicos van coa música gravada.

Falando de músicos. Como reaccionan os seus cando lles presenta estes instrumentos tan pouco comúns?

Pois moi ben. Eu sempre digo que teño dous públicos: un diante e outro detrás. Escribo música para que eles desfruten e poidamos entrar noutra dimensión. Eles o que queren é tocar e sentirse partícipes do espectáculo. Grazas a eles estou onde estou, xa que me valoran positivamente e confían en min.

Vostede viaxou por todo o mundo para atopar instrumentos inusuais. Ten algunha anécdota desas viaxes que nos poida contar?

Hai unha que sempre lembro. Dunha vez que viaxei a Finalandia para un concerto, no aeroporto perdéronme a maleta cos instrumentos. Estiven dous días sen saber se podería tocar, cuns niveis de tensión altísimos, loxicamente. Pero ao final devolvéronmos xusto trinta minutos antes de comezar a actuación, e fomos capaces de sacala adiante.

Para rematar, como inflúe Galicia na súa carreira musical?

Sempre acabo volvendo a ela. Unha das sortes máis grandes que tiven foi nacer nun dos máis grandes Amazonasculturais a nivel musical que quedan en Galicia, como é Galicia. De feito, un dos instrumentos que toco é a corna, un eslavón perdido na nostradición que se deixou de tocar fai cen anos e que Carlos Tallón, un veciño de Sarria, atopou no monte e agora eu levo por todo o mundo. Sempre digo que nos debemos sentir moi orgullosos do que tempos aquí.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents