As altas temperaturas retrasan a posta a punto dos sistemas de calefacción
Os profesionais do sector aconsellan prepararse con antelación para a chegada do inverno

Hoxe contamos con diversos sistemas de calefacción como leña, gas, gasóleo, electricidade ou biomasa. // Express Pellets/Piazzetta
m. gonzález [deza/tabeiros]
Coa inminente chegada do inverno -a pesares de que nestes días estamos a rexistrar temperaturas demasiado elevadas para a época do ano-, os profesionais do sector do calor e a calefacción das comarcas de Deza e Tabeirós Terra de Montes comezan a sua tempada alta. Os especialistas aconsellan sobre o sistema máis axeitado para cada caso concreto. Ano tras ano hai novidades dentro do sector, pero con todo, o calor eléctrico e as cociñas calefactoras e de biomasa -sobre todo de pellets- seguen a ser os produtos máis demandados. A electricidade ben empregada e a leña de calefacción, son sistemas tradicionais que manteñen o pulso coas novas ofertas do mercado. Pola súa banda, as bombas de calor consolídanse coma un dos sistemas mais eficientes, posto que consume moita menos enerxía da que produce.
Ademáis, os profesionais recordan que o aforro non está somentes no sistema elexido, se non nun uso responsable do mesmo. Neste senso, os expertos recomendan unha temperatura entre 20 e 22 ºC no fogar durante o día, e advirten que por cada grao que se incrementa, o consumo medra entre un 5 e un 7 %.
Non se esquecen da importancia do mantemento e limpeza dos diferentes sistemas de calefacción, algo fundamental para un consumo eficiente, seguro e responsable.
As comarcas contan con instaladores altamente cualificados e en formación constante, actualizándose e adaptándose ás esixencias do mercado, para así garantir o confort e a seguridade nos nosos fogares.
- «Está demostrado científicamente que tener un perro aumenta los niveles de oxitocina, la hormona de la felicidad»
- En una analítica, ¿qué significa tener los triglicéridos altos? ¿Qué hacer para bajarlos?
- Dos vigilantes de seguridad reaniman a un mujer que se desplomó inconsciente en Vialia Vigo: «Le salvaron la vida»
- El patrón de un pesquero de Bueu, herido grave en una mano tras estallarle una bengala
- Una «tablet» obliga a un avión a realizar un aterrizaje de emergencia en Oporto
- Cesan a todos los empleados de mantenimiento de Vialia: «No quieren que nos sindiquemos»
- Lleva el coche a un taller de Vigo y se incendia cuando lo probaban tras repararlo
- Mitos sobre animales: las golondrinas y los vencejos no pueden despegar desde el suelo, ¿verdadero o falso?