Ciclismo

Comezan os preparativos para a Clásica Álvaro Pino

A edición deste ano terá unha parada de avituallamento no alto da Franqueira

Presentación da proba con Luis Piña, alcalde da Cañiza.   | // D.P.

Presentación da proba con Luis Piña, alcalde da Cañiza. | // D.P.

d.p.

[A Cañiza]

O vindeiro 25 de maio de 2025 terá lugar unha nova edición da «Sestelo Clásica Álvaro Pino», unha das principais citas do calendario cicloturista no sur de Galicia.

O Alcalde de A Cañiza, Luis Piña, xunto cos directivos da Asociación Deportiva Plan C, están a coordinar os últimos detalles do paso desta popular marcha cicloturista polo municipio da Cañiza.

Este ano, a proba contará cunha parada técnica para avituallamento no Alto da Franqueira, á beira do emblemático Santuario da Franqueira. Neste punto, o Concello ofrecerá aos participantes un bocadillo de xamón cañicense.

A marcha, que non ten carácter competitivo, ofrece aos ciclistas dous percorridos. O primeiro, de 75 quilómetros, será ideal para os que busquen unha proba máis curta, mentres que os que se atrevan cun reto maior poderán optar polo percorrido longo de 129 quilómetros. Neste último, os participantes atravesarán oito concellos, facendo un percorrido que destaca pola súa beleza natural, dominado polo curso dos ríos Miño e Tea, ademais de monumentos históricos como o Santuario da Franqueira ou o Castelo de Sobroso.

A «Sestelo Clásica Álvaro Pino» leva o nome do recoñecido exciclista ponteareán Álvaro Pino e xa se afianza como un evento destacado dentro do calendario cicloturista, atraendo a miles de ciclistas.

Para facilitar a participación, a organización habilitou a páxina web oficial www.clasicaalvaropino.com, onde os interesados poden inscribirse, e obter máis información. As inscricións estarán abertas ata o 13 de abril para as inscricións xerais, mentres que as modalidades básica e premium pecharán unha semana antes da celebración da proba.

Tracking Pixel Contents