Saúde
A Guarda prepara as primeiras Xornadas sobre saúde e benestar
O Concello lanza un convite a todos os empresarios e profesionais do sector
l.c. [A Guarda]
O Concello da Guarda comeza cos preparativos dunha nova actividade dirixida ao público xeral e que este ano versará sobre a Saúde e o Benestar.
A proposta "I Xornadas sobre saúde e Benestar" permitirán, de xeito participativo, implicar á poboación da vila no coñecemento e ampliación de información sobre diversos temas de saúde do día a día.
Grazas á participación de empresas e profesionais sanitarios, as xornadas contarán con charlas, conferencias e debates abertos, nos que se tratará e falará sobre temas de interese xeral vencellados á saúde e ó benestar.
Dende o Concello da Guarda lánzase un convite a todos os empresarios e profesionais da saúde e do benestar, nunha convocatoria aberta a participar nesta novidosa actividade, que permitirá, por unha banda, potenciar e promocionar as empresas dedicadas á saúde e ao benestar da vila e, por outra banda, manter encontros con profesionais sanitarios de diversas ramas.
As empresas e profesionais sanitarios poden realizar a súa inscrición no seguinte formulario https://forms.gle/hmV3tmL4pjv8RUMM9 ou ben contactando coa OMIX da Guarda no enderezo electrónico informacion@aguarda.es.
- «Está demostrado científicamente que tener un perro aumenta los niveles de oxitocina, la hormona de la felicidad»
- En una analítica, ¿qué significa tener los triglicéridos altos? ¿Qué hacer para bajarlos?
- Dos vigilantes de seguridad reaniman a un mujer que se desplomó inconsciente en Vialia Vigo: «Le salvaron la vida»
- El patrón de un pesquero de Bueu, herido grave en una mano tras estallarle una bengala
- Una «tablet» obliga a un avión a realizar un aterrizaje de emergencia en Oporto
- Mitos sobre animales: las golondrinas y los vencejos no pueden despegar desde el suelo, ¿verdadero o falso?
- Un millón de euros por una muerte en Vigo tras una cirugía que «jamás» debió realizarse
- Ya ni nos queda Portugal